Os petróglifos de Pena Furada, tamén coñecidos co nome da Xesteira IV por formar parte dun amplo conxunto de gravados rupestres na contorna, están localizados na parroquia de Santa Eulalia de Meira. O motivos están representados en rochas individuais de variadas formas, desde aquelas a media altura a aquelas que apenas erguen uns centímetros do chan.

Unha particularidade desta estación é que os seus autores á hora de que gravar algunha formas, especialmente círculos concéntricos, aproveitaron os saíntes das rochas, as partes máis expostas, saíntes que favorecen a súa apreciación a calquera hora do día. Os demais motivos son coviñas e círculos, semellantes aos da Rega Pequena I, II e III, unidos por sinuosas liñas e combinados con outros diferentes como reticulados, unha asociación de liñas formando unha rede.

A gran profusión de gravados nesta estación pode significar que non foron feitos nun mesmo momento senón adicións realizadas co paso do tempo.