Este petróglifo está situado nunha pequena rocha a carón da ermida dos Remedios, na croa do castro do mesmo nome. O gravado consiste nunha alongada e sinuosa serpe.

Dentro da arte rupestre galega son poucas as estacións que teñen este motivo xa que ás veces a fronteira entre un serpentiforme ou unha simple e zigzagueante liña é difusa. Non obstante, aqueles gravados inequivocamente serpentiformes aparezan asociados a poboados castrexos. O seu significado é así mesmo complexo e cargado dun forte simbolismo relacionado coa caza, a virilidade, fecundidade, astros, etc. En Galicia, onde a pensamento máxico está tan arraigado identifícase á serpe coas mouras, mulleres fermosas e encantadas que habitan os castros e os mámoas.